CRTVG

Buscar

O temporal marítimo mantén o aviso laranxa no litoral galego

Publicado o 26/10/2020 21:45

Xornada desapracible na costa galega. O temporal marítimo mantén o aviso laranxa en todo o litoral da comunidade. Durará ata esta noite, pero o peor espérase nas próximas xornadas.

Mañá chegará unha nova borrasca que se notará especialmente na provincia da Coruña e que complicará a situación no mar, primeiro por mar de fondo e logo por mor do vento.

Malia que non veñen días de tempo agradable, a xente estao a coller de xeito positivo. Estas xornadas de chuvia e vento animan a quedar na casa, algo necesario nestes momentos.

A situación tende a mellorar a partir do mércores, coa chegada dun anticiclón e cunha suba das temperaturas que notaremos máis na xornada do xoves.

Noticias web

26/10/2020