CRTVG

Buscar

O temporal Gloria deixa xa oito mortos e tres desaparecidos

Publicado o 22/01/2020 15:21

A combinación de neve, vento, chuvia e ondas xigantes fan de Gloria un temporal sen precedentes nos últimos 30 anos, polo menos na costa mediterránea.

Praias arrasadas, infraestruturas danadas, estradas cortadas e ríos desbordados é o rastro deixado tras de si por Gloria.

En Cataluña, xunto coa Comunidade Valenciana a máis afectada, os bombeiros buscan un home desaparecido ao caer ao mar desde un barco no porto de Palamós.

Hai dúas persoas máis que permanecen desaparecidas en Mallorca e Eivisa.

Na comunidade balear, unha boia situada fronte ao porto de Maó rexistrou unha onda de máis de 14 metros e as forza do mar obrigou a desaloxar algunhas casas de primeira liña de costa en Portocolom.

O número de falecidos polo temporal aumentou a oito, co descubrimento do cadáver dun home que durmía ao raso en Valencia, ou dunha muller atrapada na derruba dun edificio e o do home arrastado polas augas, ambos en Alacante, e a confirmación da morte por hipotermia dun sen teito en Almería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020