O temporal deixa vento de 90 km/h e ondas que superan os catro metros
Publicado o 21/11/2019 16:30

O temporal costeiro que mantén este xoves en alerta laranxa as autoridades das provincias da Coruña e Pontevedra deixou ventos de 90 quilómetros por hora e ondas que superaron os 4 metros, segundo Meteogalicia e Portos do Estado.
Así, na provincia coruñesa rexistrouse esta mañá en Punta Candieira, en Cedeira, o refacho de vento máis intenso, a 90,8 quilómetros por hora, e tamén a onda máis alta, de 4,45 metros en cabo Vilán-Sisargas.
Pola súa banda, Pontevedra é a provincia onde máis choveu, con case 14 litros por metro cadrado en Gargamala, en Mondariz. Baltar, en Ourense, é o lugar de Galicia onde hoxe fai máis frío, con 0,5 graos