CRTVG

Buscar

O temporal deixa refachos de vento de 100 quilómetros hora e tamén algunha que outra incidencia en Portugal

Publicado o 06/06/2019 20:08

Dende as 3 da tarde ata as 6 foi o momento máis crítico, con 7 distritos en alerta amarela e Viana do Castelo en laranxa por vento forte, con refachos que alcanzaron os 100 quilómetros hora.

Moi pendentes estiveron os 30.000 asistentes e tamén os organizadores do festival NOS Primavera Sound do Porto, que finalmente decidiron non suspender o evento porque xa pasou o peor do temporal. Un temporal que tivo non só os avisos por vento activados, senón tamén por chuvia nos concellos que limitan coa provincia de Pontevedra.

Noticias web

06/06/2019