CRTVG

Buscar

O temporal deixa ondas de máis de cinco metros e fortes refachos de vento no litoral

Publicado o 14/01/2020 14:29

Un novo temporal mantén o litoral galego en aviso laranxa por mar combinado. En diversos puntos da comunidade, os refachos de vento xa acadaron os 100 quilómetros por hora e forza oito e as ondas alcanzan máis de cinco metros de altura. Os máis afectados son os concellos do norte coruñés e A Mariña lucense, pero tamén se nota a incidencia no litoral da provincia de Pontevedra.

Os mariñeiros din estar pasando un inverno complicado e con dificultades para obter produto. Para eles, a chegada do vendaval supón a parada na súa actividade e, en consecuencia, no incremento de ingresos. A alternativa pola que optan é dedicar o mal tempo á reparación dos seus equipos de traballo.

Nas zonas costeiras de maior vento xa se suspenderon as actividades no exterior dos centros educativos previstas para a xornada de hoxe. Non obstante, aínda que o vendaval supón un maior risco no litoral, tamén pode soprar con forza en calquera punto do interior da comunidade.

Noticias web

14/01/2020