CRTVG

Buscar

O temporal deixa mil toneladas de cristais rotos no porto da Coruña

Publicado o 20/04/2019 16:43

Mil toneladas de cristais rotos están amoreados no porto da Coruña. O vidro viaxaba intacto nun buque mercante procedente de Turquía, pero durante a navegación un gran temporal con ondas de ata nove metros causou estragos na delicada carga. A metade das láminas de cristal chegaron en bo estado. O resto quedou inservible e será trasladado a unha fundición.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019