CRTVG

Buscar

O temporal de vento tira varias árbores no centro de Madrid

Publicado o 25/09/2020 13:25

A comunidade de Madrid está en alerta por condicións meteorolóxicas adversas. Na capital caeron varios árbores de grandes dimesións que danaron coches estacionados na rúa. Nun deles había unha persoa no interior que foi auxiliada por varios viandantes, sen que sufrise feridas de importancia.

O forte vento chegou acompañado dunha importante baixada de temperatura. De feito, na serra madrileña caeron hoxe as primeiras nevaradas da temporada.

Noticias web

25/09/2020