CRTVG

Buscar

O temporal de chuvia provoca ducias de accidentes

Publicado o 04/12/2020 14:28

Dora non só trouxo a primeira neve da temporada a Galicia. O temporal de chuvia está tamén ocasionando problemas nas estradas, sobre todo, saídas de vía e colisións que están dificultando o tráfico en case 30 estradas da comunidade autónoma. Xa se rexistraron máis de medio cento de accidentes con danos de diversa consideración.

A provincia máis afectada é a da Coruña, con complicacións na autoestrada AP-9 na zona de Santiago. Tamen hai problemas na A-6 en Freán e na estrada nacional VI en Montesalgueiro.

Ademais, hai dificultades en varias estradas comarcais en Cambre, Piadela, Sobrado, O Oural ou Trasmundi.

En Lugo a chuvia tamén está causando problemas en varios puntos, e igualmente en Pontevedra e Ourense hai tráfico complicado na A-52 e en varias vías autonómicos e comarcais.