CRTVG

Buscar

O temporal deixa un regueiro de incidencias e tres escolas afectadas

Publicado o 14/10/2019 21:34

Día gris, chuvia e baixada de temperaturas. O outono deixouse ver en toda Galicia. Toca coller paraugas, poñer o abrigo e as botas.

As consecuencias da chuvia deixaron un regueiro de incidencias por toda Galicia. As clases suspendéronse no IES de Monelos na Coruña, no IES de Arzúa e nunha escola en Baiona a causa das inundacións. En Vigo, as intensas precipitacións ocasionaron esta fochanca no barrio de Coia, que provocou a rotura dunha tubaxe, polo que os veciños quedaron sen auga.

Así, a chuvia acumulada desde onte deixou rexistros que superaron os 110 litros en Vimianzo ou os 85 en Santa Comba. Mañá pola tarde comezan a activarse de novo os avisos xa que na madrugada do martes ao mércores, antes da chegada da nova fronte, haberá un episodio de vento no litoral que pode deixar refachos de máis de 80 quilómetros por hora e forza 7 no mar. O aviso será amarelo na costa galega e nas comarcas pegadas ao litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019