CRTVG

Buscar

O temporal Ciara arrasa o norte e o leste de Europa

Publicado o 10/02/2020 21:10

Pasou polo Reino Unido, Francia e Holanda durante a fin de semana e deixou milleiros de fogares sen luz, outros danos materiais e inundacións na costa. Este luns, xa en Alemaña, Ciara afectou de xeito notable ao tráfico aéreo e ferroviario. Ata primeira hora desta tarde non se empezou a restablecer o sevizo de trens. Nos aeroportos do país canceláronse centos de voos. Os ventos superaron os 177 km/h. Ducias de árbores foron arrincadas de raíz.

En Frankfurt, un guindastre de grandes dimensións derrubouse sobre o tellado da catedral. As clases suspendéronse en boa parte do pais. En Suíza, Suecia e Polonia morreron cinco persoas en accidentes relacionados directamente co temporal.

A República Checa sofre, a estas horas, a peor parte. Douscentos noventa mil fogares están sen subministración eléctrica.




 

Noticias web

10/02/2020