O temporal arrastrou centos de quilos de berberecho e ameixa á praia do Testal, en Noia
Publicado o 22/02/2021 17:51
A deste ano está a ser unha campaña especiamente dura para o marisco. Tras o paso de Karim a praia do Testal amenceu cuberta de berberecho e ameixa que o vento arrastrou cara ao areal.
Tras analizar o estado do marisco, e malia alta mortaldade, os mariscadores seleccionaron o que aínda quedaba vivo para volver sementalo.
Con esta campaña a piques de rematar, as mostraxes realizadas por terra e mar tras o temporal deixan datos esperanzadores con vistas á próxima.
Con 10 millóns e medio de euros de facturación, o balance deste ano queda lonxe do das tres últimas campañas, cando se vendeu o dobre. Malia todo, non hai queixa.
Agora agardan que o tempo lles permita mariscar con normalidade o que resta de campaña.