O temporal altera o enterro do Entroido
E este serán íase enterrar o Entroido, pero parece que non vai poder ser. As previsións de tanta chuvia fan que, por exemplo, en Salvaterra de Miño busquen alternativas para poder seguir cos últimos actos programados. O obradoiro de danza que estaba previsto para os máis pequenos cambia de localización, será baixo cuberto, na casa da cultura, e non na praza da concello como estaba previsto.
No resto de Galicia, a chuvia tamén modificará os actos programados, así que haberá que agardar para ver o amplo cortexo fúnebre que acompaña entre as rúas da zona vella a sardiña. Tamén esperaremos para escoitar o pranto das choradeiras, sempre de rigoroso loito, que fan aínda mais notorios os choros xusto no momento da queima.
O sábado, pois, rematará a música, a mofa e o corido dos disfraces. Chega o tempo de Coresma.