CRTVG

Buscar

O tempo mellorou na Comunidade Valenciana, pero mantense o risco de riadas

Publicado o 16/09/2019 13:39

Os equipos de rescate andan á busca dun home de 66 anos que puido caer nun rego preto da localidade de Dolores, na Veiga Baixa do Segura, a máis danada polas inundacións na Comunidade Valenciana.

O tempo mellorou pero o río mantén en alerta esta comarca do sur de Alacante.
Segue recibindo achegas importantes de auga das veigas media e alta, na rexión de Murcia, e este domingo houbo outra rotura no ribazo.

Por precaución, recomendaron desaloxar a pedanía de Heredades, de 200 habitantes.

Tamén foron evacuados dous cámpings, un deles ocupado por 1.500 persoas.

Ao tempo, continúan efectuándose rescates de veciños illados, nalgúns casos desde o xoves. Ou achegándolles o imprescindible ás súas casas, rodeadas de agua.

O presidente valenciano subliñou que se precisarán axudas de todas as administracions e de Europa para recuperarse das perdas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019