CRTVG

Buscar

O tempo de verán non dá chegado a Galicia coa inestabilidade atmosférica

Publicado o 03/07/2019 14:40

O verán comezou oficialmente o 21 de xuño, pero o tempo en Galicia aínda é máis propio da primavera. O ceo alterna nubes e claros e a previsión meteorolóxica apunta a que nos próximos días volverá chover. Hai ganas de sol e de praia, pero de momento hai que ter paciencia.

Xa estamos no mes de xullo. O verán comezou oficialmente hai case dúas semanas, pero este tempo é máis propio da primavera. Os ceos alternan nubes e claros e a ameaza de chuvia está presente na previsión meteorolóxica.

Dende Meteogalicia apuntan que non estamos ante unha situación anómala. Nos últimos anos, durante as primeiras semanas do verán, o tempo foi tamén moi inestable. Malia todo, as temperaturas son agradables. No sur de Galicia as máximas roldan os trinta graos e no norte os termómetros pasan dos vinte nas horas centrais do día. Iso cando o ceo está despexado. Se hai nubes, refresca e a xente nótao.

Hai ganas de praia, pero de momento hai que ter paciencia. Para o que resta de semana, o tempo seguirá insestable. O verán non acaba de arrancar en Galicia.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019