CRTVG

Buscar

O teléfono para reclamar multas da DXT xa non será de pago

Publicado o 07/08/2019 20:17
O teléfono para reclamar multas da DXT xa non será de pago

Os condutores xa non terán que pagar a chamada telefónica a Tráfico para reclamaren as multas. A Dirección Xeral de Tráfico decidiu substituír a liña 902 por un número de balde co prefixo de León, que é a provincia onde se tramitan as sancións impostas automáticamente polos radares.

O número é o 987010559. O cambio é a resposta de Tráfico á denuncia de Facua, que consideraba inadmisible que un organismo público contase cunha liña 902 para a atención aos cidadáns.


 

Noticias web

07/08/2019