CRTVG

Buscar

O Teléfono da Eperanza sae á rúa para informar sobre a prevención do suicidio

Publicado o 22/09/2018 14:58

O Teléfono da Esperanza sae hoxe á rúa para concienciar sobre a necesidade de previr o suicidio.Galicia é unha das comunidades coa taxa máis alta, por enriba dos accidente de tráfico.

As cifras dos últimos anos din que case cada día do ano hai unha morte por suicidio. Este problema de saúde pública non sempre se fai visible pero convive con moitas persoas que a miúdo non contan cos recursos suficientes para atallar esa morte.Anxo Andrés Souto/ Presidente da Asociación do Teléfono da Esperanza: "Estamos falando de 4.000 suicidios ao ano.

En España iso supón dez suicidios cada día. E ademais hai outra cousa que nos debera preocupar. Galicia, xunto con Asturias, somos os que estamos no tope destes 4.000."Desde o Teléfono da Esperanza insisten en que a sociedade en que vivimos non axuda a que aquelas persoas máis vulnerables atopen apoio, e o estigma dunha morte evitable pesa sobre as familias.

Sol García, voluntaria: "É moi necesario que aprendamos a escoitarnos. Normalmente non nos escoitamos e de aí veñen problemas coma este. Non comunicamos, non compartimos o que nos pasa e chégase ao estremo de querer desaparecer. E creo que o escoitar axuda, e por iso o Teléfono da Esperanza, estamos aí."Ao outro lado deste Teléfono está ese voluntariado que escoita e acompaña, e que ofrece asesoramento profesional cando a situación así o require.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2018