CRTVG

Buscar

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña estrea a adaptación 'Os pazos de Ulloa'

Publicado o 16/09/2021 21:56

O 16 de setembro de 1851 nacía Emilia Pardo Bazán e, coincidindo con este aniversario, estréase unha nova adaptación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña da súa novela 'Os pazos de Ulloa'. Unha obra que máis de cen anos despois da súa publicación trae á escena temas que tristemente seguen a estar de actualidade, como son o sometemento, o poder, o patriarcado e a violencia contra as mulleres.

Compartimos as últimas probas e ensaios técnicos previos á estrea co elenco de actores encabezado por Pere Ponce, no papel do cura, e Marcial Álvarez como marqués de Ulloa nesta adaptación do dramaturgo Eduardo Galán.

'Os pazos de Ulloa' voltarán este venres ao Teatro Rosalía da Coruña e, tras o seu paso por Madrid, regresarán a Galicia. Os días 24 e 25 deste mes estarán en Narón e o 1 de outubro no Auditorio de Compostela. 

 

Noticias web

16/09/2021