CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Teatro Rosalía da Coruña acolle a gala de entrega dos premios de teatro María Casares

Publicado o 21/03/2018 21:40



O Teatro Rosalía da Coruña acolle a estas horas a gala de entrega dos premios de teatro María Casares.


O teatro profesional galego celebra hoxe os seus 40 anos nesta cerimonia de entrega dos premios María Casares. Uns galardóns que son o gran escaparate da escena galega e tamén dos seus profesionais. Máis de 30 espectáculos e 300 profesionais son as cifras desta edición en que un total de NOVE producións son finalistas nas 14 categorías.
É tamén unha noite de recoñecemento con ese María Casares de Honra á actriz Rosa Álvarez. Pero antes de subir o telón houbo moito traballo, preparativos e horas de ensaios sobre este escenario.

Telexornal Serán

21/03/2018