CRTVG

Buscar

O Teatro Real de Madrid, premiado como mellor compañía de ópera do mundo

Publicado o 10/05/2021 22:19
O Teatro Real de Madrid, premiado como mellor compañía de ópera do mundo

EFE

EFE

O Teatro Real de Madrid alzouse co premio á mellor compañía de ópera na gala dos International Opera Awards, catalogados como os Óscar da lírica, celebrada este luns.

O recinto madrileño conseguiu o premio máis importante da cerimonia, nunha noite en que estivo proposto en tres categorías máis: mellor orquestra dun teatro de ópera, mellor estrea absoluta e mellor gravación musical.