CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O teatro Jofre de Ferrol mostra ao público pezas da súa escenografía orixinal

Publicado o 13/09/2017 22:18





O Teatro Jofre de Ferrol descobre para o público pezas da súa escenografía orixinal. Algunhas delas de gran valor artístico como as pintadas a man polo propio Felipe Bello Piñeiro. Ata o día 14 hai organizadas visitas guiadas co gallo dos 125 anos de historia do teatro ferrolán.

Panos en papel ou tea que combinados se empregaban como fondos escenográficos das obras teatrais representadas no Teatro Jofre expóñense estes días ao público. Son pezas orixinais que foron restauradas. Algunhas de gran calidade artística pintadas a man polo mesmo Bello Piñeiro.

Coincidindo coa celebración dos 125 anos do Jofre tamén se están a realizar visitas guiadas. Un percorrido pola historia do edificio que leva ao visitante desde a terraza, da reforma do arquitecto Rodolfo Ucha, ata a galería ou o faiado recuperado trala reforma do ano 2005 pasando polo paraíso desde o que se apreza a boa acústica do patio de butacas.

As visitas guiadas repetiránse cada martes e xoves ata o día 14 deste mes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/09/2017