O Teatro Jofre celebra 125 anos de vida
Unha exposición no Centro Torrente Ballester achéganos á historia deste espazo escénico que foi teatro, sala de cine e mesmo escenario da rodaxe dunha película
O Teatro Jofre de Ferrol celebra hoxe 125 anos de vida. Unha exposición no Centro Torrente Ballester achéganos á historia deste espazo escénico que foi teatro, sala de cine e mesmo escenario da rodaxe dunha película. A mostra inclúe planos da súa construción, butacas orixinais e outras curiosidades.
Pezas antigas como butacas orixinais, candelabros ou carteis dos primeiros espectáculos adentran ao visitante nun percorrido polos 125 anos de vida do Teatro Jofre. A mostra inclúe os planos orixinais da construción e tamén os elaborados polo arquitecto Rodolfo Ucha para a remodelación do edificio tal e como se coñece hoxe en día.
O Jofre abría as súas portas un 19 de maio de 1892 coa representación da obra El alcalde de Zalamea. Amais de teatro foi sala de cine e escenario da rodaxe da película 'Divertimento'. De titularidade municipal e tralas obras de rehabilitación, en 2005 foi reinaugurado conservando un dos seus bens máis prezados: a súa acústica.
A mostra pode visitarse no Centro Torrente Ballester de Ferrol ata finais de setembro.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí