CRTVG

Buscar

O teatro galego volve estrear tras o confinamento

Publicado o 09/06/2020 15:49

Préndense as luces, soa a música, levántase o pano de fondo, danzan sobre as táboas: a maxia do teatro volve aos escenarios. A compañía Elefante Elegante protagoniza unha das primeiras estreas de Galicia.

A obra, con cinco actores e músicos no escenario, pregúntase cal sería a relación de Romeo e Xulieta se a traxedia de Shakespeare non acabara coas súas vidas.

As entradas sairán á venda nos próximos días. Estréase o venres 19 e o sábado 20 no Rosalía de Castro da Coruña. Será unha estrea para unhas 80 persoas, nun espazo con máis de 700 butacas. Haberá grandes medidas de seguridade.

Mesmo os bombeiros da Coruña verificaron a seguridade da estrea. Elefante Elegante e o seu Dreaming Juliet queren que o teatro volva ser un lugar de encontro.

Noticias web

09/06/2020