CRTVG

Buscar

O TC declara que foi inconstitucional o nomeamento de Rosa María Mateo como presidenta de RTVE

Publicado o 01/07/2021 22:37
O TC declara que foi inconstitucional o nomeamento de Rosa María Mateo como presidenta de RTVE
EFE

O Tribunal Constitucional declarou contrario á Constitución o decreto lei polo que o Goberno nomeou a Rosa María Mateo presidenta provisional de RTVE, ao vulnerar o dereito fundamental á participación cidadá a través dos medios de comunicación.

A decisión do Constitucional -que adiantou a Cadena SER e confirmou Efe en fontes xurídicas- non ten efectos prácticos dado que xa hai un novo consello de RTVE. O voto de calidade do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, propiciou a aprobación desta sentenza, dado que se produciu un empate a cinco entre os maxistrados do alto tribunal.

Contra a resolución presentaron votos particulares cinco maxistrados que non comparten que se vulnerou ningún dereito. A sentenza acorda a inconstitucionalidade do decreto lei polo que se nomeou ao consello de administración de RTVE e dá a razón así ao Partido Popular, que recorreu este nomeamento.

 

Noticias web

01/07/2021