CRTVG

Buscar

O TC declara inconstitucional o primeiro estado de alarma cos maxistrados moi divididos

Publicado o 14/07/2021 15:05
EFE

O Tribunal Constitucional declarou inconstitucional o primeiro estado de alarma decretado polo Goberno para combater a pandemia, unha decisión moi axustada que contou coa oposición de cinco dos once maxistrados, informan fontes xurídicas.

Tras varios plenos de deliberación, finalmente o voto da vicepresidenta Encarnación Roca foi decisivo para inclinar a balanza a favor dos cinco maxistrados —todos eles do bloque conservador— que estimaron que o paraugas legal para adoptar o confinamento xeral da poboación debía ser o estado de excepción e non o de alarma.

Os outros cinco —tres de corte progresista e dous conservadores—, por contra, seguiron considerando que o Goberno actuou correctamente ao optar polo estado de alarma para decretar o confinamento domiciliario.

Desta forma, segundo avanzan as fontes consultadas, a maioría do tribunal votou a favor do relatorio do maxistrado Pedro González Trevijano, que decreta a inconstitucionalidade do estado de alarma. Tanto a sentenza como os previsibles votos particulares coñeceranse nos próximos días.

Noticias web

14/07/2021