CRTVG

Buscar

O TC declara inconstitucional a lei catalá de investiduras a distancia

Publicado o 04/04/2019 11:46
O TC declara inconstitucional a lei catalá de investiduras a distancia

O Pleno do Tribunal constitucional declara inconstitucional e polo tanto nula a lei que aprobou o Parlamento de Cataluña para permitir a investidura non presencial do presidente da Generalitat e a celebración das reunións do Goberno por vía telemática.

O Tribunal estima de forma parcial o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno contra esta norma, que levaba suspendida de xeito provisional desde maio de 2018, o que impediu o plan de investir a Carles Puigdemont malia estar fuxido en Bélxica. 

Noticias web

04/04/2019