CRTVG

Buscar

O tabaco causou máis de 56.000 mortes en España nun ano

Publicado o 28/05/2019 20:22

O tabaco causou máis de 56.000 mortes en España nun ano. A maioría de casos asócianse, segundo a Sociedade Española de Epidemioloxía, co cáncer de pulmón. Esta epidemia non ten idade nin sexo, afecta por igual homes e mulleres.

Son os primeiros datos que se dan a coñecer dun estudo realizado con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra o próximo venres.

Tamén hoxe se deu a coñecer o resultado dunha enquisa segundo a que 8 de cada dez persoas estarían a favor de prohibir fumar nos coches con nenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019