CRTVG

Buscar

O susto da galega Anair Lomba que perdeu o coñecemento no partido do Español

Publicado o 31/10/2020 17:53

A xogadora galega do Español Anair Lomba deu o susto no último partido da liga feminina. Tivo que marchar do campo no minuto 93 logo dun choque con dúas xogadoras rivais. Anair sufriu un traumatismo craneoencefálico e perdeu o coñecemento. Afortunadamente chegou ao hospital consciente e orientada segundo comunicou o club españolista.

Noticias web

31/10/2020