CRTVG

Buscar

O sur da provincia de Pontevedra abafa con temperaturas que chegan aos 37 graos

Publicado o 06/08/2020 14:43

O día máis caloroso esta semana de Galicia nas zonas do Baixo Miño pásase á sombra e con moita resignación.

Nos concellos do sur da provincia de Pontevedra están en alerta por aviso amarelo por temperaturas que no interior chegarán aos 37 graos.

A entrada dunha masa de aire cálido xa se notaba dende ben cedo en zonas altas. En Fornelos de Montes e nas Neves os termómetros ás nove da mañá non baixaban dos 26 graos.

Os turistas que chegan a Galicia séntense sorprendidos deste tempo solleiro e de altas temperaturas.

Os termómetros baixarán cara á noite. Con todo, serán cálidas e os mercurios non baixarán dos 20 graos de temperatura.

Nas zonas costeiras do sur da provincia de Pontevedra as brétemas e a brisa poderían facer acto de presenza. Un pequeno respiro para unha calor que nunca marchou da nosa comunidade.

Noticias web

06/08/2020