CRTVG

Buscar

O Supremo veta o uso familiar da casa cando entra a convivir unha nova parella

Publicado o 23/11/2018 15:14

Sentenza polémica do Supremo. Prohibe que a vivenda sexa de uso familiar se entra vivir nela unha terceira persoa.

O tribunal di que o pai ou a nai cando teñen piso en réxime de gananciais e se separan perden o dereito a gozar da casa se entra a convivir con eles de xeito estable unha nova parella. Ditamina sobre o caso dunha parella de Valladolid que se divorciou e a muller quedou cos seus fillos na vivenda familiar.

Pasado un tempo, entrou a vivir a súa nova parella, e o ex-marido demandouna. O Supremo dálle agora a razón ao ex-marido.

Noticias web

23/11/2018