CRTVG

Buscar

O Supremo venezolano suspende a intervención imposta sobre o partido de Capriles

Publicado o 04/09/2020 22:20
O Supremo venezolano suspende a intervención imposta sobre o partido de Capriles

O Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela ( TSJ) suspendeu este venres a decisión que tomou en xuño pasado de intervir o partido Primeiro Xustiza ( PJ), do que forma parte o dúas veces candidato presidencial Henrique Capriles, e nomear unha nova directiva para a organización. Así pode verse nunha concisa mensaxe na web do TSJ que anuncia a suspensión da medida cautelar de tutela ditada o 16 de xuño de 2020, unha decisión que incluíu o nomeamento dunha xunta directiva encabezada polo deputado José Brito, expulsado do partido e acusado de deixarse subornar para non apoiar a reelección de Juan Guaidó como presidente do Parlamento.

A decisión tomouna o TSJ apenas uns días despois de que Capriles rompese con parte da oposición, encabezada por Guaidó, que non acudirá ás eleccións lexislativas do próximo 6 de decembro e instase os detractores do chavismo a aproveitar a oportunidade que, considera, abren os comicios. 
 

Noticias web

04/09/2020