CRTVG

Buscar

O Supremo ve falta de cooperación contra o procès do xuíz belga

Publicado o 16/05/2018 16:32
O Supremo ve falta de cooperación contra o procès do xuíz belga

O Supremo reprochou hoxe de maneira non oficial ao xuíz belga que rexeitou a entrega dos ex-consellers Comín, Serret e Puig a súa falta de compromiso coa obrigada colaboración xudicial con España.

O xuíz belga encargado de estudar a extradición a España dos ex-consellers cataláns rexeitou hoxe a euroorde dictada contra eles por "defectos de forma" no procedemento, ao estimar que non ten "equivalencia" coa orde de detención nacional.

A Fiscalía informou que non cabe ningún recurso contra esta decisión por parte das autoridades españolas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018