CRTVG

Buscar

O Supremo sentencia que os 'riders' son asalariados

Publicado o 24/09/2020 15:48

O Supremo considera que os repartidores, coñecidos como 'riders', son asalariados, ou o que é o mesmo, falsos autónomos.

A sala do social do alto tribunal pronúnciase sobre o despedimento dun repartidor da empresa Glovo, e faino nun recurso de casación para unificar doutrina. Algo que podería supoñer un duro golpe ao modelo laboral das plataformas dixitais de repartición. A sentenza aclara que Glovo non é unha mera intermediaria, senón que presta servizos de mensaxería- di- e fixa as condicións.

Un paso adiante na loita laboral que este colectivo mantén nos xulgados. No lado oposto, a empresa, que lembra que hai unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que valida o modelo, e reclama un marco legal que regule a súa actividade.

Noticias web

24/09/2020