CRTVG

Buscar

O Supremo rexeita o recurso da xuíza Pilar de Lara contra a súa suspensión

Publicado o 20/05/2021 21:30
O Supremo rexeita o recurso da xuíza Pilar de Lara contra a súa suspensión

O Tribunal Supremo rexeitou o recurso da xuiza Pilar de Lara contra a súa suspensión. O tribunal considera axeitada a sanción de sete meses de suspensión e a perda de destino que se impuxo á maxistrada.

De Lara adquirira notoriedade ao encabezar operacións en Lugo como a Pokemon, a Cóndor ou a Carioca, todas elas arquivadas. O Supremo cualifica as accións da xuíza de extremadamente graves e imponlle o pago das costas derivadas do seu proceso.

Pilar De Lara exerce actualmente o seu labor nun xulgado de Ponferrada.

Noticias web

20/05/2021