CRTVG

Buscar

O Supremo ratifica a condena do hostaleiro chantadés que lle disparou á súa moza

Publicado o 13/03/2018 14:01

O Tribunal Supremo ratificou a condena de 14 anos e 6 meses para o home que disparou á súa moza na cabeza nun bar de Chantada. 

Confirma así a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, que inclúe o pagamento á vítima do suceso dunha indemnización superior ao millón de euros. Os feitos aconteceron o 26 de agosto do 2014. Antonio Fernández disparou cunha pistola á súa parella, Sonia Figueroa, no interior da hamburguesería onde traballaban. A vítima, que estivo á beira da morte, padece a causa da agresión un severo déficit cognitivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018