CRTVG

Buscar

O Supremo ratifica 26 anos de cárcere para o home que matou a muller en Cabana en 2018

Publicado o 30/06/2021 15:15
O Supremo ratifica 26 anos de cárcere para o home que matou a muller en Cabana en 2018

O Tribunal Supremo ratificou os 26 anos e medio de cárcere para o home que matou a súa muller o 19 de agosto de 2018 en Cabana. Julián Gil pose disparou tres tiros polas costas que acabaron coa vida de Ana Belén Varela.

Esta resolución, contra a que non caben máis recursos, mantén as condenas fixadas polo Tribunal Superior de Xustiza e a Audiencia Provincial da Coruña. Tamén inclúen: 27 anos de orde de afastamento da familia directa da vítima e dos seus dous fillos, e obriga a indemnizar os fillos, a nai, e os tres irmáns da vítima con 238.000 euros polos danos morais causados.






 

Noticias web

30/06/2021