CRTVG

Buscar

O Supremo prevé citar a Rajoy coma testemuña no xuízo do procés

Publicado o 25/01/2019 13:39

O Tribunal Supremo prevé citar coma testemuña no xuízo do procés ao ex-presidente do Goberno, Mariano Rajoy . A súa comparecencia solicitouna a defensa dun dos doce líderes soberanistas e a acusación popular que exerce Vox. A falta do auto de admisión de proba, a intención é citalo porque Rajoy lle enviou unha carta a Carles Puigdemont na que lle preguntaba se declarara ou non a independencia de Cataluña. O tribunal considera que existe base suficiente para citalo porque aparece no relato de feitos que conteñen os escritos da Fiscalía, da Avogacía e da acusación.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2019