CRTVG

Buscar

O Supremo pide informes á Fiscalía sobre o maxistrado do TC detido por malos tratos

Publicado o 19/08/2020 15:00
O Supremo pide informes á Fiscalía sobre o maxistrado do TC detido por malos tratos

O Tribunal Supremo pídelle á Fiscalía informes sobre o maxistrado do Constitucional detido por supostos malos tratos. O xulgado de Majadahonda, onde se produciu o arresto, remitiu a causa ao Supremo, por estar Fernando Valdés aforado.

O maxistrado foi detido a semana pasada, tras unha denuncia dos veciños por suposta violencia de xénero. Saíu en liberdade sen fianza ás poucas horas. Agora, será o Supremo o que decida se procede abrir unha investigación.

Noticias web

19/08/2020