CRTVG

Buscar

O Supremo permite alugar por cuartos as vivendas turísticas en Galicia

Publicado o 22/10/2019 17:04
O Supremo permite alugar por cuartos as vivendas turísticas en Galicia

O Tribunal Supremo rexeitou parte dun decreto da Xunta sobre vivendas turísticas de vacacións que prohibía alugar cuartos. O citado decreto da Xunta de xaneiro de 2017 sobre apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia, só podería alugarse a totalidade e non por estancias.

A Xunta argumentou que a súa normativa baseábase nunha lexislación estatal, pero o alto tribunal considerou que a interpretación non se corresponde e que por iso debe anular do texto do decreto as mencións de que "a cesión deste tipo de vivendas será da totalidade da vivenda, sen que se permita a cesión por estancias".

Ese e outros argumentos do decreto foran contestados pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e pola Administración Xeral do Estado nun recurso de casación ante o Tribunal Supremo cuxa sentenza obriga agora a facer esa modificación.

O decreto da Xunta para regular esa actividade de alugueiro vacacional levou a rexistrar unhas 8.500 vivendas, segundo datos facilitados polo Goberno autonómico.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí