CRTVG

Buscar

O Supremo permite que os cinco deputados e senadores presos tomen posesión

Publicado o 14/05/2019 13:36
O Supremo permite que os cinco deputados e senadores presos tomen posesión

Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Turull, Josep Rull e Jordi Sànchez poderán ir ao Congreso e ao Senado a tomar posesión dos seus cargos o 21 de maio. A sala que xulga o procés decidiu autorizar as súas saídas de prisión "debidamente custodiados" para que poidan ir ás sesións constitutivas das cámaras, pero non lles concede a liberdade provisional.

No auto, os oito maxistrados que xulgan o procés tamén rexeitaron pedir permiso ás cámaras para continuar co xuízo, como solicitaron os cinco presos electos o 28-A. A xuízo da sala, "non forma parte das garantías propias do estatuto persoal do deputado ou senador impoñer unha valoración retroactiva da incidencia que este proceso penal pode ter na normal actividade das cámaras".

La Fiscalía informara en contra da última petición de libedade dos acusados, xa que consideraba "proporcionado" que sigan en prisión provisional sen fianza, sen que a recén adquirida condición de deputados e senadores obrigue ao Supremo a suspender o xuízo e solicitar un suplicatorio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí