CRTVG

Buscar

O Supremo permite aos presos independentistas recoller as actas do Congreso

Publicado o 17/05/2019 16:41
O Supremo permite aos presos independentistas recoller as actas do Congreso

O Supremo permite que os cinco presos independentistas que resultaron electos o 28 de abril acudan ao Congreso o vindeiro luns a recoller as súas credenciais. Un trámite de menos de media hora que os cinco poderán compatibilizar coa asistencia á ultima sesión da proba testifical do xuízo do procés. Marchena non se opón a que os presos cumpran presencialmente con este trámite previo á constitución das Cortes, aínda que a presenza física só era imprescindible no caso de Romeva. Impídelles, iso si, permanecer na cámara para ofrecer roldas de prensa ou manter reunións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019