O Supremo ordena repetir o xuízo que condenou a Lito a 12 anos de prisión por fraude
Publicado o 18/03/2019 20:31

O Tribunal Supremo anula o xuízo e a sentenza ditada pola Audiencia de Pontevedra no xuízo ao representante artístico Ángel Martínez Pérez, máis coñecido como Lito, en que foi condenado a 12 anos de cadea e ao pago de multas por máis de 36 millóns de euros.
O Tribunal Supremo anula a vista celebrada na Audiencia por la citación errónea do representante da empresa coacusada e ordena retrotraer as actuacións ao momento en que se sinalou o xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. Sinala a existencia dunha situación de indefensión e impón a nulidade da sentenza e do xuízo oral .
O Tribunal Supremo ordena, ademais, a celebración dunha nova vista, en que sexa "citado correctamente" o representante de Representaciones Lito SL.