CRTVG

Buscar

O Supremo négalle a Jordi Sánchez o permiso para ir á rolda de contactos co Rei

Publicado o 03/06/2019 17:27
O Supremo négalle a Jordi Sánchez o permiso para ir á rolda de contactos co Rei

A sala que xulga o caso do 'procés' independentista no Tribunal Supremo rexeitou concederlle un permiso extraordinario para abandonar a prisión provisional ao que fora presidente da Asemblea Nacional Catalá (ANC) e actual deputado de Junts per Catalunya Jordi Sánchez para representar o seu grupo parlamentario na rolda de consultas que celebrará nas próximas semanas o rei Filipe VI.

O Supremo entende que o seu caso non encaixa no artigo 47.1 da Lei orgánica xeral penitenciaria que prevé a concesión de permisos extraordinarios de prisión e engade que na rolda de consultas Sánchez é "perfectamente substituíble" por calquera outro membro da súa candidatura política.

O rei Filipe VI recibe a presidenta do Congreso 

Arranca a rolda de consultas co Rei para propoñer un candidato á investidura como presidente do Goberno. Ás cinco desta tarde Filipe sexto recibirá no Palacio da Zarzuela a presidenta do Congreso. Meritxell Batet Entregaralle a lista dos nomes dos que participarán nesas consultas. O Tribunal Supremo confirmou que non poderá asistir en representación de Junts per Cat Jordi Sánchez, que está en prisión provisional. Tampouco irán a Palacio os deputados de Esquerra Republicana de Cataluña nin de Bildu, que non recoñecen o rei como interlocutor.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí