CRTVG

Buscar

O Supremo investiga o número 3 de Podemos por atentado á autoridade

Publicado o 29/09/2020 08:39

O Supremo investiga o número tres de Podemos, o deputado Alberto Rodríguez, por un delito de atentado á autoridade e lesións. A causa penal aberta pola sala do alto tribunal responde a unha denuncia da fiscalía por uns feitos ocorridos en xaneiro de 2014. O fiscal acusa o actual secretario de Organización de Unidas Podemos de darlle unha patada a un policía e lesionalo, durante unha manifestación de rexeitamento da LOMCE. Pide para el unha pena dun ano de prisión.

Noticias web

29/09/2020