O Supremo do Brasil ratifica a anulación das condenas contra Lula, que poderá ser candidato á presidencia

O expresidente do Brasil José Inázio Lula da Silva recupera todos os seus dereitos políticos. A Corte Suprema ratificou este xoves a decisión que adoptou un dos seus xuíces de anular as condenas ditadas en primeira instancia contra Lula. A resolución foi adoptada co apoio de oito votos fronte a tres.
O caso conclúe que foron irregulares os dous xuízos en que Lula foi condenado a case 25 anos de cárcere acusado de corrupción na operación Lava Jato e outros dous sobre os que aínda non había sentenza, porque se realizaron nos tribunais de Curitiba, a cargo do xuíz Sérgio Moro, que non tiña competencia sobre os asuntos que se xulgaban.
O expresidente estivo preso 580 días tras unha condena dese xuíz que agora se confirma que non foi imparcial. A nova situación permítelle a Lula presentarse ás eleccións presidencias do ano que vén.