CRTVG

Buscar

O Supremo di que as hipotecas con IRPH non son abusivas, pese a observar falta de transparencia

Publicado o 21/10/2020 16:08

Xai hai ditame do Tribunal Supremo sobre as hipotecas ligadas ao índice de referencia dos préstamos hipotecarios, o IRPH.

O alto tribunal decidiu sobre catro casos. Conclúe que non son abusivas, aínda que recoñece que faltou transparencia na información proporcionada aos clientes.

Os afectados, preto dun millón, aseguran que contrataron con este índice porque a banca lles asegurou que era máis estable que o euríbor.

Na práctica, o IRPH encareceulles a hipoteca en máis de mil euros ao ano. Séntense desprotexidos.

Noticias web

21/10/2020