CRTVG

Buscar

O Supremo di que as empresas non poden impoñer os períodos vacacionais aos traballadores se antes as elixían libremente

Publicado o 05/02/2020 15:11

A empresa modificou de forma unilateral o sistema de vacacións dos traballadores da limpeza da Universidade de Málaga. Sen ningunha negociación, eliminou a liberdade do cadro a elixir, sendo a empresa a encargada de decidir o período vacacional. Os sindicatos levaron o caso aos tribunais e o Tribunal Supremo decidiu a favor dos traballadores. A sentenza firme di que a empresa non pode impoñer as vacacións se antes as elixían libremente.

Os expertos apuntan que a elección ou a imposición das vacacións xera numerosos conflitos laborais.

A sentenza salienta que a condición de privilexio do cadro de traballadores non pode ser eliminada sen unha modificación substancial das condicións de traballo, tal e como recolle o Estatuto dos Traballadores.

Noticias web

05/02/2020