CRTVG

Buscar

O Supremo desestima o toque de recollida nas Canarias e dálle a razón ao Tribunal Superior de Xustiza da autonomía

Publicado o 27/07/2021 20:07
O Supremo desestima o toque de recollida nas Canarias e dálle a razón ao Tribunal Superior de Xustiza da autonomía

O Tribunal Supremo non autoriza o toque de recollida solicitado polo Goberno canario. Desestima así o recurso de casación interposto polo executivo autonómico contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza canario que tamén o desbotara. O Supremo dálle así a razón coa mesma argumentación, que a limitación da liberdade proposta non era proporcional ás circunstancias epidemiolóxicas.

Noticias web

27/07/2021