CRTVG

Buscar

O Supremo dá o primeiro paso para asumir as causas relacionadas coa independencia

Publicado o 14/11/2017 14:40

• O xuíz Pablo Llanera pídelle á maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela que lle envíe antes de cinco días un informe sobre os procedementos

O Tribunal Supremo dá o primeiro paso para reclamar as causas relacionadas coa independencia de Cataluña que investiga a Audiencia Nacional. O xuíz do Supremo Pablo Llanera, que investiga por rebelión a Carme Forcadell e os membros da Mesa do Parlamento autonómico, podería asumir tamén a investigación polo mesmos delitos contra Carles Puigdemont, contra varios ex-membros do goberno da Generalitat, o ex-maior dos Mossos d'Esquadra e os presidentes de Òmnium Cultural e da Asemblea Nacional Catalá. O maxistrado pídelle á xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela que lle remita antes de cinco días un informe sobre os procedementos. Despois decidirá se procede acumular todas esas causas no Tribunal Supremo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017