O Supremo anula un préstamo dunha tarxeta 'revolving' por considerar "usurarios" os xuros do 27%
Coñécense como tarxetas revolving ou de pago aprazado. Son créditos con cotas tan baixas que ás veces se converten en débedas case perpetuas.
Luis Blasco, vicepresidente de Adicae Galicia, explica que "o consumidor pode establecer a contía do pagamento. Son pagos baixos, e a consecuencia é que o crédito se duplica ou triplica".
Este mércores, o Supremo condenou a Wizink por conceder un destes créditos cuns xuros do 27%, moi por riba do 8% medio dun empréstito ao consumo ou do 20% que adoitan aplicar estas tarxetas. A sentenza di que o risco de impago non xustifica tales condicións, e censura a entidade por non avaliar antes a capacidade económica do cliente.
Luis Blasco, vicepresidente de Adicae Galicia, engade que ademais se establece que "calquera tipo de tarxeta revolving pode ser anulable pola complexidade que ten o mecanismo de cálculo dos xuros".
A sentenza baséase na Lei de usura de 1908, unha norma que as asociacións de usuarios consideran que debe actualizarse para evitar que dependa da interpretación dun xuíz.