CRTVG

Buscar

O Supremo ve violencia de xénero en toda agresión dun home á súa parella

Publicado o 08/01/2019 22:00

Nos casos de agresións recíprocas home-muller que sexan parella ou ex-parella, o pleno da Sala Segunda do Tribunal Supremo acaba de fixar un criterio. Condena o home por un delito de violencia de xénero contra a muller a seis meses de cárcere e orde de afastamento, e a ela a tres meses de cárcere e tamén orde de afastamento por un delito de violencia familiar, tal como establece o Código Penal para os delitos de maltrato. Deste xeito, revoga a absolución de ambos que acordara a Audiencia Provincial de Zaragoza. A Sala do Supremo considera que a violencia do home sobre a muller constitúe un acto de poder e superioridade independentemente da súa intencionalidade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019